Monday 06 de May de 2024

O concelleiro de Cultura entrega os diplomas dos cursos de Informática organizados polo Concello de Ordes


O concelleiro de Cultura, Ramón Vázquez Raña, foi o encargado de entregar os diplomas aos alumnos e alumnas do curso de Informática. Unha actividade englobada dentro do circuíto cultural e deportivo organizado polo Concello, o cal se desenvolveu ao longo dos últimos tres meses na aula de informática situada na casa da cultura. Ofimática e Internet a nivel básico foron os contidos que ocuparon a maior parte do tempo de clase. No acto de hoxe Ramón Vázquez convidou a todos e todas os asistentes a continuar co proceso de prendizaxe e alfabetización dixital a través dos próximos cursos que se ofertarán no circuito cultural e deportivo que o Concello ten preparados para impartir de marzo a xuño.